p { margin-bottom: 0.21cm; }
p { margin-bottom: 0.21cm; }
p { margin-bottom: 0.21cm; }
Mimá. Estaba eu a piques de comezar a darlle ao teclado, cando caín na conta de que había uns meses que vos escribira sobre Michel Houellebecq, e deume por mirar no arquivo para ver cando fora aquelo. O primeiro post do ano, escrito en plena resaca post celebración do meu aniversario (si, xa empecei tocando os collóns na casa dende o primeiro día). Semella que foi onte, pero alá van catro meses a tomar por saco, e cando rematen os dous que quedan para coller vacacións o chiringuito este xa terá cumprido un ano, e como nos despistemos un pouco, zas, o día menos pensado atopámonos todos aquí, xubilados e falando sobre se para ir buscar comida están mellores os colectores que hai ao pé do Mercadona ou nos do Eroski.
O tempo, que pasa que hai que velo.
p { margin-bottom: 0.21cm; }
Dito o anterior, agora chega o cuarto e definitivo argumento para soster que a pilícula de hoxe é un clásico da historia contemporánea española, e a verdade é que explicalo vai ser complicado por unha banda e obvio por outra.p { margin-bottom: 0.21cm; }
O conto é que levamos toda unha vida vendo pilículas exaltando as moitas e variadas virtudes éticas das mafias, e aínda hai por aí quen pensa que son unha especie de ONG. Eu sempre quedei con Goodfellas para desmontar esa versión idílica do movemento, pero aquí tamén lle cae un bo repaso, pero cun ritmo mais pausado, iso si, que aquí a media de idade para os matachíns ronda os sesenta e cinco.
p { margin-bottom: 0.21cm; }
Conste que así e todo, eu teño as miñas dúbidas. Non quero insinuar que a tradución literal non sexa correcta, líbreme deus, que non quero rematar recibindo unha lección de democracia nunha cárcere secreta ou, o que podería ser aínda peor, unha lección de amor cristiá nun confesionario, pero para min que cada vez que un fulano destes cos ollos rachados solta unha frase, en realidade significa unha cousa distinta á que semella.
Desta volta, Masaki Kobayashi tiña en mentes poñerlle á pilícula que pecha a triloxía o seguinte e moi suxerente título: “Os fillos de puta herdarán a terra”. Estou seguro. Como tamén estou seguro que, tendo en conta que non había nin quince anos que Truman demostrara que a fisión do uranio e mailo plutonio liberaba enerxía abondo como para ensinarlle o mundo o que era a democracia sen despeitearse, o bo de Masaki pasou os dous anos que mediaron entre a estrea das dúas primeiras partes e a da que nos ocupa hoxe, pensando en como carallo titular o conto sen ferir sensibilidades entre os membros permanentes do Consello de Seguridade da ONU.
Si, a derradeira entrega, é unha homenaxe a todos eses fillos de puta que, pase o que pase, e goberne quen goberne, sempre han estar aí arriba, dando polo cu. Despois de se partir a cara loitando contra as inxustizas (despois de que lla partiran, sexamos xustos), despois de loitar polos dereitos do ser humano contra o absurdo da guerra, despois de predicar a prol dun socialismo humanista, despois de seis horas de metraxe dando a cara (literalmente) pola dignidade das persoas, despois de todo iso, Kaji vai descubrir as milagres do socialismo soviético.
Eu póñovos a Misiko Kobayashi coma un puto xenio, e pola internet adiante póñeno coma un fulano que tiña un xeito de rodar totalmente desfasado e anacrónico. Cargan pestes contra el por introducir tres imaxes suspendidas en toda a pilícula, asociadas todas elas aos recordos que ten o soldado, e aproveitan para esfolalo criticando o seu emprego do plano holandés, ese que comeza torto e que pode, ou non, recuperar a verticalidade.
Total, que para min que o conto da selva foi só para dar un recital de cine, porque cando conseguen saír dela, a pilícula comeza de novo, cos protagonistas fuxindo cara o seu destino alternando planicie e bosque (agora si, bosque), atopando polo camiño mais e mais soldados sen bandeira, e algún que outro que segue fiel a un Estado que xa non existe como tal, nunha escena no medio dun piñeiral que desta volta “lembra” (o perro sempre xeneroso) ao tramo de Apocalyse Now no que a cuchipanda de Martin Sheen atopa aos colonos franceses indo ao seu no medio da selva e da Historia.
Kaji fará un último esforzo por manter a cordura e a xustiza, pero ao final tirará a toalla e delegará o sentido da orde nas forzas de ocupación soviéticas, coa esperanza de que o socialismo saiba controlar unha situación que hai xa moito tempo que lle escapara das mans. O maná chegará en forma de gulag, e os mesías delegarán á súa vez o control do rabaño naqueles homes contra os que Kaji viña loitando por manter a dignidade do ser humano. Eses kapos, xaponeses como dios manda, por suposto, deixaranlle co cu ao aire ante os seus amigos socialistas rusos, e Kaji descubrirá que non foi senón caer no mesmo pozo de merda do que tanto ansiaba saír, pero vinte andares por baixo do que se atopaba cando o coñecemos.
Ao final a Kaji de nada lle han servir as súas ilusións ou as súas ideas políticas. Comprobará que el, que tanto loitara polos dereitos dos oprimidos, será o encargado de redimir a todos os fillos de puta que primeiro crucificaron aos chineses e que agora o crucifican a el; comprobará como el, que nunca defendeu o Imperio Nipón, será o encargado de cargar con todas as súas culpas; e comprobará que non lle queda outra saída que escapar do modelo soviético, fuxindo entre a neve, sempre erguido, sempre cara adiante, na procura de Michiko.
E xa está ben de xaponeses, carallo!
p { margin-bottom: 0.21cm; }
Así e todo, co paso do tempo, e como mentres encaixa refostios o amigo vaise convertendo nun tirador de elite e nun soldado exemplar, ao final os seus superiores prémianlle cun bis a bis coa súa dona, Michiko, para nos obsequiar a todos cunha moi romántica escena de amor nun almacén, que cos anos, tamén foi copiada ata a saciedade.
Namentres, os donos do chiringuito (xaponeses de ben, para entendermos) admiten definitivamente que o protagonista da historia é a fin de contas o mellor soldado que saíu da súa promoción, pero como non lle poden ascender porque o Kempeitai tenlla xurada despois de soportar as súas ínfulas socialistas no campo de prisioneiros, deciden que Kaji, no canto de ir directamente á fronte, vaise encargar dos novos recrutas que lle mandan cando á guerra lle quedan dous telexornais, compostos a esas alturas da festa por vellos desdentados e rapaciños destetados.p { margin-bottom: 0.21cm; }
Xa sei que dende que pastades por este prado medrástedes moito en distintos eidos da vida, e non vaiades pensar que non valoro os vosos progresos, sobre todo aqueles que atinxen á paciencia que tedes semanalmente para comigo; pero de aí a pretender que saibades ler xaponés, media un mundo, así que hoxe tamén, atendendo ás vosas mortais limitacións, vouvos traducir o título da puta obra mestra que nos vai ocupar durante uns días:
Pois ben, nesas ando eu, facendo amigos, porque levo un par de días encamado por culpa dunha pulmonía, e decidín aproveita-lo tempo vendo as dez horas que dura a triloxía do señor Kobayashi en versión orixinal con subtítulos, o que non só significa que xa acadei o punto de non retorno na miña viaxe cara á gafapastez, senón que cando queira, pódome deixar caer pola lonxa de Yokohama e mercar unha caixa de chinchos en perfecto xaponés normativo sen que ninguén me note o acento.
O da pulmonía seino dende que esta mañán fun a urxencias. Foi unha visita moi instrutiva, coma todas as que adoito facer a urxencias.
Dr.: (Condescente) Bueno, pues tienes pulmonía, y eso es una cosa muy seria… hmm… ¿Trabajas o estás en paro?
Como podedes observar, mais ca unha reforma laboral, este país o que precisaba era un campo de exterminio, pero como vexo que vou dereitiño cara un xardín de tintes talibáns do que despois non vou dar saído, vou coa pilícula xa mesmo.
Velaí que hoxe vaia comezar coa primeira parte da historia de Kaji, un idealista xaponés de esquerdas afincado na Manchuria ocupada polo Imperio Nipón, ao que coñecemos nunha fría noite de inverno flotando entre folerpas de neve, mentres procura desfacerse da súa moza Michiko, convencido de que o han chamar a filas para envialo á fronte.
Así e todo, lamentablemente Kaji poderá casar con Michiko e sortear á guerra de aquela maneira, porque no último momento conseguirá evitar o recrutamento aceptando un posto de organizador nun campo de traballo nunha inhóspita e afastada rexión da Manchuria, onde poderá ir acompañado da súa dona.
p { margin-bottom: 0.21cm; }
p { margin-bottom: 0.21cm; }
p { margin-bottom: 0.21cm; }